+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

AS NEVES CONTINÚA CO ASFALTADO DE CAMIÑOS


 

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, agora en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan
A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Aquí reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.
Nese mesmo tempo tamén se actou no paso ao barrio de Portela en San Xosé de Ribarteme onde entre o regato, o tempo e vehículos pesados se danou a ponte. Reparánronse canalizacións, muros e asfalto. Tamén en Caneiro en Taboexa foi preciso reparar un muro onde o regato e repoñer asfalto.
Meses maís tarde a actuación foi en Miranciños en Vide e en Costa en Setados. No primeiro conectando o barrio co de Viñas através da adecuación dun camiño xa existente. O segundo asfal-tando de novo o camiño que conecta parte do barrio coa PO400.
Agora os traballos centránse en tres puntos. Nas Neves nos barrios de Garavisco e Aldea, asfaltando os tramos que conectan coa estrada provincial EP4204 Estación-As Neves. En Tortoreos no barrio da Chan actuando nun tramo que comeza na PO415 e que nos pode levar a Pedroso ou Redondelo. Tamén en Carrasqueira en Taboexa se repararán dous tramos moi próximos a autovía A52 que dan acceso entre outros ao campo de fútbol e ao circuíto de motocross.
Os vindeiros proxectos permitirán actuar en lugares como Calvario, Casal e na pista de San Pedro a Pousadouro

Deja un comentario