+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

AMPLIACIÓN E MELLORA DUN CAMIÑO NO CHORIDO PARA FACER POSIBLE O PASO DE VEHÍCULOS


O Concello de Ponte Caldelas continúa co seu plan de mellora dos camiños do rural coas obras acometidas nunha estreita pista municipal no lugar do Chorido, na parroquia da Insua.
A actuación permite a ganancia dun ancho duns 40 centímetros ao cubrir un rego aberto coa instalación dunha nova canalización soterrada de augas pluviais. As obras, realizadas a petición da veciñanza, están moi avanzadas.
Con esta obra, cunha lonxitude próxima aos 200 metros, é posible tamén a mellora do asfalto existente, que estaba moi deteriorado, ademais de axudar á consolidación do muro da finca apegada á vía municipal. Ao mesmo tempo, agradece á veciñanza a súa colaboración permitindo a acumulación temporal das novas tubaxes nunha propiedade particular.
O rego recolle unha vella traída que tamén daba servizo ás fincas da zona. O sobrante era canalizado a ceo aberto ata a drenaxe existente ao pé da estrada autonómica PO-244, que une Ponte Caldelas con Soutomaior.
O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) dá prioridade as actuacións que posibilitan o acceso dos vehículos e, se é posible, os de emerxencias.

Deja un comentario