+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

COMEZAN AS PROBAS PARA O PREMIO AO MELLOR CONDUTOR DE AUTOCAR DE ESPAÑA, QUE SE CELEBRA EN EXPOBUS IBERIA 2018


HOXE LÉVANSE A CABO DÚAS TANDAS PARA AVALIAR AOS PARTICIPANTES, REALIZÁNDOSE UNHA TERCEIRA MAÑÁ, CANDO TAMÉN SE ENTRAGARÁN OS GALARDÓNS

A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal se celebra hoxe e mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA, comezou a realizar as probas para o premio ao Mellor Condutor de Autocar de España 2019.

Este concurso, que conta coa colaboración da publicación profesional Carril Bus, celébrase xa nalgúns países europeos e estréase en España da man da feira ExpoBus Iberia.

Nesta primeira edición participan trinta condutores e condutoras procedentes de distintas comunidades, entre elas Galicia, País Vasco, Cantabria, Cataluña, Castela-León, Castela-A Mancha e Andalucía. Deles, 15 xa realizaron as probas esta mañá, mentres que o resto farano entre esta tarde e mañá pola mañá

As probas que se están a levar a cabo para conceder este galardón, realizadas con dúas unidades Man Lion´s Coach e supervisadas por técnicos do Centro de Formación TECE (Técnicas Especiales de Conducción Eigenbauer), son parada para carga e descarga, slalom en diferentes sentidos, diana de precisión na parada, cambio de carril con máis ou menos velocidade, freada de emerxencia, proba de paso estreito e de altura e tamén aparcamento.

Premios

O gañador recibirá o galardón ao “Mellor Condutor de Autocar de España 2019”, no cal se concederá tamén un segundo e terceiro posto. Ademais, haberá outro recoñecemento, para a “Empresa na que traballa o condutor premiado”.

O concurso, que entregará estes premios mañá sábado ás 14.30 horas, ten como patrocinadores principais a Man Truck & Bus, Irizar, Veox, GantaBi e TomTom e como patrocinadores destacados a Autocares Benito García, Autocares Galisur, Autocares Rías Baixas, Autocares Taborbus, Cartour, Empresa Montañesa e Otokar-Soumauto.

Deja un comentario