+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

CAMBADOS XA TEN NOVO XEFE DE POLICÍA


D. Adolfo Suárez é nomeado xefe da Policía Local de Cambados
A alcaldesa de Cambados Fátima Abal deu a benvida ao novo xefe da policía local D. Adolfo Suárez e dá así por pechado un proceso que o Partido Popular co seu representante Luís Aragunde á cabeza estao facendo moi
polémico.
No pasado o concello de Cambados abriu un proceso baseado en capacidade e méritos, para que os mandos intermedios do persoal da Policía Local de Cambados, puidesen presentarse ao proceso para ser nomeado xefe.
A este proceso só se presentou no seu día o Oficial D. Adolfo Suárez que se incorporou ao persoal da Policía Local de Cambados para facer funcións de mando intermedio, e debido á baixa do actual xefe (no seu día) tívose que abrir un proceso cos méritos, que abala a orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección da Xunta de Galicia.
D. Adolfo Suárez dispón dun currículo envexable cun amplo historial de méritos, é diplomado universitario en Ciencias Criminológicas e Seguridade Pública pola universidade De Santiago, e de Ciencias Policiais pola universidade de Vigo. Dispón dunha Mención Honorífica recibida pola AGASP, e dunha experiencia moi ampla en cursos de formación, é monitor de tiro policial e participou en varias ocasións como profesor en prácticas de tiro na AGASP, ten un historial moi amplo en cursos de violencia de xénero, cursos de seguridade e tráfico, así como o curso de nivel superior de linguaxe administrativa galego.
Fátima Abal felicita a D. Adolfo Suárez polo seu nomeamento, e confía plenamente na súa profesionalidade para realizar a tarefa de organizar e dirixir o persoal de policía, como xa o demostrou noutras ocasións.

Deja un comentario