+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

ROMÁN RODRÍGUEZ PARTICIPA NA CONMEMORACIÓN DO DÉCIMO ANIVERSARIO DO PAZO DE MOS


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou nos actos conmemorativos do décimo aniversario do Pazo de Mos, ao que definiu como unha “xoia do patrimonio arquitectónico nunha situación privilexiada, o Camiño Portugués”. Así mesmo, lembrou que este ano, dentro do Plan Director do Camiño de Santiago, estase actuando nesta ruta para a súa mellora e sinalización. O conselleiro destacou a activa dinamización cultural do pazo, posible grazas ao traballo da fundación que leva o seu nome, ao Concello e tamén á colaboración da veciñanza. “Unha colaboración que tamén leva a marca do Goberno galego”, sinalou.
En concreto, e entre outras accións, en 2016 asinouse un protocolo de cooperación coa propia fundación; e neste 2018 tamén se outorgaron varias axudas para a celebración do Festival Intercéltico O Son do Pazo (un dos actos conmemorativos deste aniversario), para a Festa da Rosa, para a adquisición de novidades editoriais con destino á biblioteca, así como para grupos e compañías dentro do programa Cultura no Camiño.
Á celebración do décimo aniversario tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Deja un comentario