+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN ANIMA AOS ESTABLECEMENTOS E ENTIDADES A PARTICIPAR POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO NA CAMPAÑA ‘EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS’


O alcalde acudíu ao acto de adhesión á iniciativa en Santiago. Os establecementos do municipio que desexen sumarse tan só teñen que contactar co CIM de Nigrán

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), volverá a participar este mes de novembro na campaña ‘En negro contra as violencias machistas’ xunto a un cento de municipios de toda Galicia e tres diputacións. O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu hoxe ao acto de adhesión á iniciativa celebrado ao mediodía no Concello de Santiago, promotor desta campaña dende o ano 2015.
Baixo o lema “Nigrán en Negro” o Concello propón novamente “vestir” de loito entre o 19 e 25 de novembro os escaparates, maniquíes, mesas dos restaurantes ou mesmo o propio persoal traballador en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. O ano pasado Nigrán estrenouse nesta campaña con gran éxito grazas á participación de máis de cen establecementos e entidades. Todos aqueles que desexen sumarse novamente este ano tan só teñen que enviar un mail ao cim@nigran.org ou chamar o telefono do CIM (Centro de Información as Mulleres) 986383081 e facilitar os datos do establecemento ou entidade social (nome, enderezo, teléfono e mail) e os datos dunha persoa de contacto.
O Concello programa a maiores diversos actos socioculturais durante esa semana do 19 ao 25 de novembro. O venres 23 será a lectura do manifesto ás 11:30 horas na Praza do Concello, o sábado 24 celebrarase unha ‘Andaina en Negro’ polo futuro parque forestal Os Matos-Ríos Táboas e , finalmente, o domingo terá lugar unha sesión vermú no Auditorio Municipal coa actuación de ‘Blues do País’.
O día 7 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando aos gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Dende 2003 ata setembro de 2018, a Delegación do Goberno rexistrou 58 asasinatos machistas en Galicia e 962 no Estado. O Concello de Nigrán considera que a actual situación segue a precisar dunha resposta unánime da sociedade de rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.
“Os establecementos comerciais e hostaleiros son os grandes protagonistas das nosas rúas, por iso precisamos a participación de todos, queremos novamente mandar unha mensaxe unánime á veciñanza de denuncia e solidariedade, queremos un Nigrán libre de violencia”, reflexiona o alcalde, Juan A. González.

Deja un comentario