+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

I I TRAIL ORIXES DE MONDARIZ


José Manuel Gil e Aroa Sio gañadores do Trail Orixes 2018 na distancia de Maraton

 

En Mondariz, a 12 de novembro de 2018.- Onte celebrouse o II Trail Orixes en Mondariz e estes foron os gañadores por distancias:

46 km Maratón: José Manuel Gil Bernardez e Aroa Sio Seijo.
26 km Trail: José Luis Dorado Vieítez e Serafina Pereira Giraldez.
14 km Mini Trail: Ismael González González e Natalia Sierpes Pereira.

Por equipos os gañadores foron:

46 km maratón: Caminhantes do Condado
26 km Trail: Lodeiros Trail
14 km Mini Trail: Orixes Mondariz

Despois de moitos meses de traballo e organización das probas queremos agradecer os participantes que se achegaron a Mondariz para participar nas diferentes distancias, a pesares das condicións meteorolóxicas. A maioría dos participantes destacaron a singularidade dos percorridos onde había treitos moi técnicos e outros máis corribles, facendo que sexan unhas probas únicas e que sen dubida para o ano repiten, facendo que esta proba se consolide no calendario de trail de Galicia.

Dende a organización destacamos “ que sen os corredores non sería posible estas probas, pero tamén sen os voluntarios que estiveron todo o día dando apoio os corredores dende os diferentes avituallamentos así como en diversas partes do recorrido e na meta e saída. Un gran equipo humano que fixo posible que non se producisen incidencias no II Trail Orixes”

“ Agradecer tamén os colaboradores e patrocinadores que nos axudaron a que os participantes vivisen unha gran experiencia neste trail e desexen volver para o ano.”

 

Pasado este II Trail Orixes xa nos poñemos en marcha para que o III Trail Orixes sexa unha realidade no 2019 e para que siga sendo un atractivo para corredores.

Deja un comentario