+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O PARTIDO POPULAR DO PORRIÑO IMPIDE, DE NOVO, QUE SE PAGUE A MÁIS DE 100 PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS ACREDORES DO CONCELLO


O Partido Popular impediu onte que o Pleno da Corporación do Porriño aprobase o pago a máis de 100 pequenas empresas e autónomos de 554.134,08€ por produtos e servizos prestados ao Concello
Os concelleiros populares votaron en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos polo devandito importe maila a que as facturas que o Goberno levaba ao Pleno da Corporación amosaban que as devanditas empresas acredoras realizaran os traballos ou entregaran as mercadorías polas que levan meses agardando cobrar.
Esta non era a primeira vez que o Goberno local pedía ao Pleno que aprobase o pago destas cantidades e tampouco, como subliñou a alcaldesa, Eva García de la Torre, era a primeira vez que o Partido Popular, rexeitaba que se pagase a este autónomos e pequenas empresas.
García de la Torre lembroulle ao presidente dos populares do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo (quen adquirirá persoalmente con varios dos acredores o compromiso de facilitar que cobrasen, “faltando, de novo á súa palabra), que o Partido Popular mesmo votou no seu día en contra de pagar máis de 2,7 millóns de euros adebedados a pequenas empresas e autónomos cando estivo á fronte do Goberno local, goberno do que o señor Lorenzo formaba parte.
Así mesmo, a alcaldesa sinalou que mentres que, en catro anos o seu goberno levou a Pleno dous recoñecementos extraxudiciais por un total de 2,8 millóns de euros, “cantidade da que o 90% era por facturas pendentes da xestión do Partido Popular”, o goberno presidido por Nelson Santos, do cal formaba parte o actual presidente local do PP, Manuel Alejandro Lorenzo, presentou a Pleno en 5 anos, “tendo maioría absoluta na Corporación”, recoñecementos extraxudiciais por máis de 9,5 millóns, tal e coma reflicte a contabilidade municipal.
En contra de dous modificacións do PXOM
Na mesma liña, o Grupo Municipal do Partido Popular impediu coa súa abstención (sabendo que o seu voto afirmativo era necesario) que saísen adiante dous modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Urbana: no ámbito dos polígonos industriais de A Granxa e sur do PPI 5, e no ámbito da N-120 no núcleo de Painzal.
En relación con este último ámbito dase a circunstancia, como salientou o concelleiro de Urbanismo, que no anterior mandato municipal, o Partido Popular que estaba á fronte do Concello, tentara facer a mesma modificación.
Marcelino Coto engadiu que ademais diso, nestes mesmo mandato, o señor Lorenzo e outros responsábeis populares mantiveran xuntanzas cos promotores desta iniciativa para converter en chan non consolidado este ámbito o cal, “como saben ben os representantes do Partido Popular, suporía evidentes vantaxes para O Porriño”.
O concelleiro denunciou que detrás de este voto dos populares está a súa intención de paralizar toda acción do actual goberno o cal, subliñou “a quen prexudica en realidade é ás nosas veciñas e veciños”.

Deja un comentario