+034 986 09 02 04 Venres 23 de Agosto de 2019

EVA GARCÍA DE LA TORRE PIDE A SÚA BAIXA TEMPORAL COMO MILITANTE DO PSDG-PSOE


A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de solicitar a súa baixa temporal coma militante do Partido dos Socialistas de Galicia  (PSdG-PSOE) en tanto non se resolva o procedemento xudicial no que ten  que declarar o vindeiro día 22 deste mes.

García de la Torre toma esta decisión no seu desexo de salvagardar e  defender o bo nome do PSdG, formación da que forma parte dende hai  moitos anos.

Eva García de la Torre seguirá á fronte do Goberno local do Porriño na  súa firme confianza na xustiza e o seu total convencemento de que o  procedemento xudicial no que está inmersa será favorábel para ela, dada  a súa inocencia.

No mesmo momento no que sexa exonerada de responsabilidade, pedirá o  seu reingreso no Partido dos Socialistas de Galicia e optará á  designación coma candidata do mesmo á Alcaldía do Porriño nas Eleccións  Municipais de maio de 2019.

Deja un comentario