+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O PP CELEBRARÁ UNHA COMIDA DE NADAL O PRÓXIMO DÍA 2 DE DECEMBRO COS SIMPATIZANTES DO PARTIDO EN PONTEAREAS


-Varios dirixentes populares compartirán mesa cos veciños e simpatizantes do municipio nunha comida prevista para as 14.00 h no restaurante “El otro mundo del Tea”

O Partido Popular de Ponteareas celebrará, o próximo 2 de decembro, unha comida de Nadal con todos os seus simpatizantes para felicitar as festas e vivir unha xornada festiva que achegue e facilite o contacto dos dirixentes populares cos veciños.
Este será o primeiro acto oficial, dentro do partido, dende que se nomeu a Belén Villar como candidata ás eleccións municipais de 2019. “Imos vivir unha xornada festiva para felicitar as festas e transmitir a ilusión que debe supoñer para nós o ano 2019. Está a terminarse a redacción do noso proxecto para Ponteareas e espero poder dar unhas pinceladas ese mesmo día, para animar á xente para sumarse ao mesmo”.

O PP anima a simpatizantes e colaboradores a participar nesta comida do Nadal na cal, por motivos de aforamento, hai que inscribirse antes do 30 de novembro na sede local ou no teléfono 608 516 525.

Deja un comentario