+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

A SUBDELEGADA DO GOBERNO MENTE OU NON SE DECATA DAS SÚAS RESPONSABILIDADES AO DICIR QUE NON RECIBIU POR PARTE DA XUNTA O CONVENIO DA VARIANTE DE PONTEAREAS


O PP de Ponteareas solicitou á Xunta copia dos acuses de recibo para verificar esta información e coñecer quen estaba a faltar á verdade

O PP lamenta a falta de interese, ou o que é peor, a falta de veracidade ante as desafortunadas manifestacións realizadas pola Subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba, nas que afirmou descoñecer o proxecto de convenio da variante de Ponteareas por non ser aínda enviado pola Xunta.
Ante tales críticas, Belén Villar, presidenta e candidata do PP en Ponteareas, solicitou á conselleira Etlel Vázquez certificacións dos envíos realizados, polo que puido comprobar documentalmente que si se entregou o convenio ao Goberno do Estado.
“Temos o acuse de recibo electrónico con data 25 de setembro. A maiores tamén temos o acuse de recibo de entrega en man mediante correo certificado o 1 de outubro. Queremos pensar que estas manifestacións son un lapsus da subdelagada porque sería moi grave mentir tan descaradamente. O PP e a Xunta, presidida por Alberto N. Feijóo, cumpriu con con este proxecto. O Goberno estatal do PP deixou no orzamento unha partida de 27 millóns de euros para a variante e a reforma da N-120 ao seu paso polo noso municipio”.

 

O PP lamenta que un proxecto, polo que os veciños levan décadas esperando, que parecía estaba en desenvolvemento, véxase agora paralizado polo cambio de Goberno en España e a desidia ou confrontación da nova subdelegada de Goberno que é a segunda vez que nega descoñecer o convenio.
“Por todo isto imos presentar unha moción ao pleno instando a subdelegada a retirar ou desmentir as súas declaracións e instar a que tome medidas urxentes para o avance deste proxecto”

Deja un comentario