+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

A ALCALDESA DE CAMBADOS XA REGRESOU DA VIAXE INFORMATIVA PROMOVIDA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


Nesta ocasión acompañárona representantes doutros 12 concellos da provincia de Pontevedra como foron (A Guarda, Cambados, Lalín, O Grove, Ponte Caldelas, Pontevedra, Salceda de Caselas, Silleda, Ribadumia, Valga, Vilaboa e Vilagarcía) nunha viaxe formativa sobre Mobilidade
A alcaldesa Fátima Abal non quixo perder a oportunidade que lle brindaba a Deputación de Pontevedra de unirse á súa Estratexia de Mobilidade 3.0 para facilitar aos concellos dá provincia de Pontevedra o deseño de infraestruturas viarias e espazos públicos centradas nas persoas, sostibles, inclusivas e seguras e por isto uniuse a viaxe a Barcelona co fin de coñecer outros casos prácticos reais de mobilidade amable, cos seus acertos e erros, que poidan aplicarse en Cambados con adaptación ás particularidades propias.
A viaxe coincidiu coa celebración do Smart City Expo World Congress 2018, un evento internacional sobre cidades intelixentes que cumpre este ano a súa oitava edición baixo o lema ‘Cidades para vivir’, para subliñar o obxectivo último e común das ciudades intelixentes de converterse en lugares máis habitables.
A alcaldesa Fátima Abal coñeceu de primeira man o persoal técnico local as ‘superilles’ de Barcelona, os plans estratéxicos e de Mobilidade de Granollers e de Terrassa e tamén a implementación de medidas de recuperación do espazo público levadas adiante polo concello de Sitges.
Fátima Abal viu nesta viaxe unha experiencia enriquecedora, que agora tentará trasladar ao concello de Cambados, para que Cambados sexa aínda máis un sitio agradable para vivir e establecerse definitivamente e que Cambados sexa un pobo para as persoas, agradece a Deputación de Pontevedra estas iniciativas, e moi especialmente a presidenta Carmela Silva por non esquecerse nunca de Cambados.

Deja un comentario