+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN DOTA DE CATRO DESFIBRILADORES ÁS PATRULLAS DA POLICÍA LOCAL E FORMA AOS AXENTES NO SEU USO


A Policía Local de Nigrán será unha das primeiras de Galicia en contar con estos aparatos e a única na comarca. O investimento, de 6.596 €, permitirá que actúen en caso de ataque cardíaco mentras non cheguen as urxencias sanitarias
Recentemente dotouse de desfibriladores o campo municipal de Condomínguez, o Vilariño e o Pavillón Municipal, ademais das principais praias durante o verán
“Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non”, indica o alcalde, Juan González
Nigrán, 16/11/2018.- O Concello de Nigrán ven de investir 6.596,58 € en catro desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) para uso da Policía Local de Nigrán, que empregará tres deles nas respectivas patrullas móbiles e un para permanecer na Casa Consistorial. Consecuentemente, os axentes, repartidos en diferentes turnos, recibiron durante esta semana e a pasada a formación necesaria e obrigatoria para o seu manexo da man do grupo salvavidas Aneks3. Esta medida fai que a Policía Local de Nigrán sexa unha das primeiras de Galicia en contar con estes aparatos e pioneira na comarca.
O obxectivo do goberno de Nigrán é que, en caso de parada cardiaca, os axentes poidan actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica. “A Policía Local está na rúa as 24 horas e moitas veces é a primeira en chegar aos lugares onde se rexistra algún incidente, por iso é moi importante que teñan acceso a un desfibrilador e que estén totalmente capacitados para o seu uso. En caso de parada cardiaca, a rápida actuación pode ser a diferencia entre vivir ou non”, explica Rubén Rial, edil de Seguridade Cidadá.
Recentemente o Concello de Nigrán dotou de desfibriladores ás tres instalacións deportivas municipais (Campo de fútbol de Condomínguez, Campo de fútbol de Vilariño e Pavillón Municipal de Panxón) e formou para o seu correcto uso aos técnicos deportivos dos clubes que compiten nestes espazos e ao conserxe do Pavillón. Compre suliñar ademais que este verán foron dotados de DESA tódolos postos de socorrismo das principais praias de Nigrán: Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1). O próximo obxectivo do goberno é que se instalen nos centros educativos do municipio. “Queremos que Nigrán sexa un territorio cardioprotexido preparado para salvar vidas ante paradas cardiorrespiratorias, con elo tratamos de garantizar a seguridade dos nosos veciños e de quen nos visita”, resume o alcalde, Juan González.
O DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte.

Deja un comentario