+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO ‘RISA EN MOVEMENTO’


 

Terá unha duración de 16 horas e desenvolverase os días 21, 26 e 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa
O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o obradoiro “Risa en movemento” no contexto do programa Tecendo Lazos.
O prazo de inscrición comeza o día 21 de novembro e remata o día remata o día 10 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello acompañada da seguinte documentación : fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.
O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase os días 21, 26 e 28 de decembro, e 2 e 4 de xaneiro, de 17.00 horas a 20.00 horas no Centro da Terceira Idade de Ramallosa.
O curso está destinado prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 6 anos.

Para máis información na Omix tlf 986 383081

Deja un comentario