+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

CONCERTO DE SANTA CECILIA NO MULTIUSOS DE ARBO


O próximo día 24 de novembro ás 20:30 horas arrincará no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, o concerto anual que a Banda Municipal de Arbo ofrecerá para honrar á patroa da música “Santa Cecilia”. Nesta función, organizada tamén polo Concello, volverá actuar como o ano pasado a Banda Infantil, que xa forma parte do Cartel do conxunto musical, ademais de ter o seu propio espazo e de tocar coa Banda de Música de Arbo. Esta Banda infantil conta xa con máis de 15 músicos que forman parte da Escola de Música. Unha academia que conta con novas e recentes incorporacións neste novo curso e que forman xa preto de 30 alumnos.
A actual directiva decidiu crear hai algúns anos unha formación específica para que os máis pequenos desta organización, algúns con menos dun ano na escola e outros con máis experiencia, comecen a tomar contacto co público e anímense a seguir como integrantes desta brillante banda, que xa ten ás súas costas máis de 24 anos de historia chea de galardóns e recoñecementos polo seu excelente labor.
Espérase repetir o éxito do concerto do ano pasado. Un logro que fai que a Banda Municipal de Arbo xunto coa Banda Infantil sigan crecendo en calidade artística, notoriedade e renome.

Deja un comentario