+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

MONDARIZ ACOLLE UN ACTO PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO


Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o concello de Mondariz organiza este domingo un acto dirixido a promover a sensibilización entre a poboación ante as causas e consecuencias da violencia exercida contra as mulleres. Ás 18 horas no centro social terá lugar a mostra do obradoiro de teatro “Tamén canto de mullere…”. Este obradoiro, que será realizado por veciñas e veciños de Mondariz, encádrase no marco do Programa de Igualdade do Concello e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Unha vez finalizado o obradoiro terá lugar a inauguración da exposición de pintura “Elas” de Anuska.

Deja un comentario