+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

A ALCALDESA DE CAMBADOS VISITA A FACTORÍA DE ATUNLO


A responsable de Recursos Humanos, María Sande, e o director da planta de Atunlo en Cambados, Juan Mariño, mostráronlle as melloras organizativas postas en marcha na planta

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, visitou hoxe a factoría que Atunlo ten na localidade, acompañada da responsable de Recursos Humanos da empresa, María Sande, e do director da planta, Juan Mariño.

Durante o percorrido, a alcaldesa —acompañada de Víctor Caamaño, primeiro tenente de alcalde; Xurxo Charlín, concelleiro de Economía, Facenda, Comercio, Industrial e Promoción Económica; e Eva Aragunde, orientadora laboral do concello— puido coñecer de primeira man as melloras organizativas que se realizaron durante o último ano na factoría, que actualmente conta cun persoal de 170 persoas. Entre outras medidas, puxéronse en marcha acciones de promoción laboral e de fomento da equidade e estabilidade laboral, así como da conciliación familiar.

Ademais, e como xa se anticipou na visita ao consistorio o mes pasado, desde Atunlo expuxeron á alcadesa os plans de posta en marcha dunha nova liña de limpeza de lombos. O equipo de Recursos Humanos de Atunlo está inmerso actualmente nunha campaña de recrutamento de novos traballadores –tanto homes como mulleres- para esta nova liña de produción.

Pola súa banda, Abal recalcou o seu compromiso de colaborar desde o concello na difusión dos plans de emprego da factoría, para que todos os cambadeses interesados en optar a un destes postos de traballo teñan toda a información respecto diso.

A factoría de Atunlo en Cambados divídese nunha parte de almacenamento frigorífico e outra de produción. A primeira ten unha capacidade de 3.000 pallets. A parte de produción está centrada nos lombos de atún cru conxelado destinado a consumo directo e mercados de exportación, cunha capacidade de elaboración de 60 Tm ao día e 13.000 Tm de materia prima ao ano.

Sobre Atunlo

Atunlo foi constituída en 2007 e está participada a partes iguais por Coper, Inpesca e Pevasa. Dedicada á transformación e comercialización de peixe e marisco (principalmente atún) en mercados internacionais, en 2017 comercializou máis de 80.000 Tm de peixe enteiro e elaborado, cun volume de facturación de máis de 164 millóns de euros. Actualmente emprega a máis de 1.000 persoas nas súas factorías e oficinas de Vigo, O Grove, Cambados, Santoña, Cabo Verde e Asia. Ademais, entre os seus últimos proxectos atópase a próxima apertura dunha nova factoría en Vilanova de Cerveira, no Norte de Portugal, que estará centrada na produción de lombos de atún precocidos e dará emprego inicialmente a unhas 90 persoas.

Deja un comentario