+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CARMELA SILVA PECHA A ASEMBLEA ESTATAL DA REDE ESPAÑOLA DA RUTA DOS FENICIOS PRESIDINDO A SESIÓN DE CONFERENCIAS ABERTAS


A presidenta da Deputación felicitou “ás persoas participantes nestes días de intercambios e propostas” e subliñou que “quedou patente a pegada dos fenicios no noso territorio, no noso paisaxe e na nosa cultura”

A sesión que pechou as dúas xornadas de traballo contou coa conferencia de Eladio Fernández-Galiano, o asesor dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pechou  as dúas xornadas da reunión-asemblea da Rede Española da Ruta dos Fenicios nunha sesión de clausura aberta ao público, que contou coa conferencia de Eladio Fernández-Galiano, o asesor de Itinerarios Culturais do Consello de Europa.

Carmela Silva tivo unhas verbas de agradecemento ás persoas participantes na asemblea resaltando que “foron dous días de intercambio e de propostas en torno á Ruta dos Fenicios nos que quedou patente como a pegada da cultura está presente no noso territorio, no noso patrimonio, na nosa gastronomía, nas nosas tradicións e, por suposto, nas nosas palabras”.
Tamén en relación á Ruta dos Fenicios sinalou que “temos unha oportunidade de poñer en valor o patrimonio e a cultura. Amais é un instrumento fundamental de atracción dun turismo sostible, do século XXI. Hoxe en dia un porcentaxe altísimo dos turistas móvense por cuestións culturais, e ese tipo de turismo é polo que debemos apostar”. A presidenta provincial resaltou que “había a necesidade de contar a historia dos fenicios no noroeste peninsular, onde temos que impulsar a posta en valor da pegada que deixou no noso territorio, nas nosas paisaxes e na nosa cultura”.

Esta xornada aberta que acolleu o edificio administrativo da Deputación de Pontevedra contou cunha interesante conferencia de Eladio Fernández-Galiano, experto cunha dilatada experiencia e actualmente asesor de itinerarios culturais do Consello de Europa. A súa conferencia marco versou sobre o programa de Itinerarios Culturais Europeos do propio Consello de Europa. A xornada rematou cunha mesa redonda composta por Ana María Niveau, da Universidade de Cádiz, que falou da Ruta dos Fenicios en España; Manolo Molinos, da Universidade de Xaén, que explicou a Ruta dos Iberos; Arturo Ruiz, presidente da Rede Española da Ruta dos Fenicios e catedrático da Universidade de Xaén, que analizou o Camiño de Aníbal, e Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra que falou da Ruta dos Kassiterides.

Deja un comentario