+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

ÁNGELO RODAL APROBA OS ORZAMENTOS DE 2019 E DEMOSTRA A FORTALEZA DO PARTIDO POPULAR


Ángel Rodal non necesitou utilizar o seu voto de calidade ao chegar a un acordo co BNG para sacar adiante os orzamentos e demostra desta maneira que é un político de talante e consenso
O Grupo do Partido Popular de Baiona aprobou os orzamentos para o ano 2019 por un importe de 8.853.043
cos votos a favor do Partido Popular e a abstención do BNG.
Presupoñíase que o Partido Popular ía aprobar os orzamentos do concello para o ano 2019, ao desempatar grazas ao voto de calidade do alcalde, pero Ángel Rodal non necesitou exercer este dereito, ao chegar a un acordo cos concelleiros do BNG e incluír no orzamento as súas emendas, ao entender o alcalde que eran unhas propostas razoables, e demostrando así os seus dotes de consenso e negociación, aínda que soubese que non necesitaba o apoio de ningún grupopolítico para a súa aprobación.
O Partido Socialista ha optado por apoiar o transfuguismo e lla ausentado na votación máis importante, dando as costas a todos os seus votantes e acompañando á tránsfuga do Partido Popular.
Rodal quixo demostrar desta maneira que o quedarse en minoría o Grupo do Partido Popular (grazas a unha tránsfuga) non afecta en absoluto ao traballo diario, e por suposto non é unha traba para poder lograr un consenso que favoreza a todos os veciños e veciñas de Baiona nun goberno demócrata do século XXI
O orzamento para o ano 2019 incrementouse en 235.326 euros con respecto ao 2018, alcanzando este ano un importe de 8.853.043 euros, uns orzamentos máis sociais que nunca, xa que ven incrementados nun 30% máis que o ano pasado cunha nova inxección de 55.000 euros.
No tocante aos investimentos o reflectido no orzamento do 2019 tamén se veráincrementado nun 30% máis que no ano 2018, tendo en conta que o importe real de investimentos ao longo do ano é moito maior do estipulado no
orzamento, ao ser o resultante da suma dos investimentos que se poden conseguir das todas as administracións e que segundo Anxo Rodal no ano 2019 excederá dos 2.500.000 euros de investimento repartido por todas as parroquias.

Deja un comentario