+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA DESTINA MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS A OUTROS CATRO MUNICIPIOS DA PROVINCIA A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN


Con estas achegas provinciais Redondela, Sanxenxo e Dozón completan o Plan Concellos deste ano, e Arbo recibe o primeiro investimento de 2019

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de catro municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de catro partidas por un total de 515.487,84 euros coas que Dozón, Redondela e Sanxenxo pechan o Plan Concellos 2018 e Arbo, que xa o completou, recibe o primeiro investimento con cargo ao Plan de 2019.

Para Sanxenxo, a institución provincial aprobou unha achega de 185.320,11 euros para a execución do plan de acondicionamento da Casa do Priorato para o seu uso como centro sociocultural. Con esta última partida económica do Plan Concellos, a vila completa así os seus investimentos. Este ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva puxo a disposición de Sanxenxo 1.972.572,74 euros, un 76,20% máis que o ano pasado.

No caso de Redondela, a Deputación deulle o visto a unha partida económica de 181.024,25 euros para financiar os traballos de reparación de patoloxías no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela. Esta é a última achega do Plan Concellos deste ano para Redondela que pecha desta maneira os seus investimentos. A través do Plan Concellos, Redondela tiña este ano a súa disposición un total de 2.005.212,11 euros, un 72,85% máis que en 2017.

Para Dozón, o Goberno provincial autorizou un investimento de 78.598,27 euros para as obras de pavimentación nos camiños de Saa a A Parte, Moi e camiño de Roiriz a Pena do Coto. Trátase da última achega do Plan Concellos deste ano para a vila que completa así os seus investimentos. Este ano, a través do Plan Provincial, a Deputación de Pontevedra destinou a Dozón 616.010,07 euros, un 73,16% máis que no exercicio anterior.

 

Tamén a Xunta de Goberno ven de aprobar unha achega de 70.545,21 euros para Arbo que serán destinados a financiar a mellora do acceso a Paravedra. Este é o primeiro investimento para a vila con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019, unha vez aberto o pasado 1 de novembro o prazo de presentación de proxectos. Este ano 2018, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra puxo a disposición de Arbo un total de 734.619,17 euros, un 73,44% máis que no exercicio anterior.

Deja un comentario