+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AXUDAS POR MÁIS DE 16.000 EUROS Á ESCOLA MUNICIPAL VILA DO CORPUS E Á MUSICAL DE XINZO


O PP cre que con estas noticias Represas volve quedar en evidencia xa que non se cansa de afirmar que a administración autonómica non inviste en Ponteareas

OPP agradece a aposta @de la Xunta por seguir fomentando a cultura do municipio coa axuda a dúas das escolas musicais.
“O DOG acaba de publicar a concesión de dúas axudas que irán destinadas á escola municipal Vila do Corpus e á Musical de Xinzo. Unha vez máis a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, inviste no noso municipio, deixando en evidencia ao alcalde que acusa constantemente á administración autonómica de non ter a Ponteareas no seu mapa de investimento. Non só a ten no seu mapa, senón que apoia a escolas municipais que debido á nefasta xestión de Represas están a recorrer á administración autonómica, a pesar de non ser da súa competencia”.

O PP considera moi necesarias estas axudas a colectivos que viron reducidos os seus ingresos debido á nefasta xestión municipal e provincial en materia de fomento de actividades e formación a este tipo de colectivos culturais.

“A nivel provincial, en 2015 cargáronse o Plan Cultural e a nivel local lembrarlle a Represas, que lle gusta moito comparar, que o Concello de Ponteareas nestes catro anos non investiu en cultura nin a metade do destinado por anteriores gobernos do PP. As escolas de música aínda están a esperar a firma do convenio que lles prometeu o alcalde para este ano 2018, onde se comprometeu a outorgarlles 8000 euros. Vendo que está a piques de terminar o ano, o PP pedirá explicacións no pleno do motivo de non asinarse aínda esta axuda”.

Deja un comentario