+034 986 09 02 04 Sábado 23 de Xuño de 2018

Cores Tourís comprobou as obras executadas polo concello de Cambados para a mellora da senda marítima do Facho-Castrelo


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que estes traballos executáronse grazas a unha axuda da Consellería de Medio Ambiente para concellos da Rede Natura que ten coma obxectivos, a recuperación ou restauración de elementos históricos patrimoniais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Cambados, en compaña do alcalde da localidade, Luis Aragunde, para comprobar as obras executadas para a mellora da senda marítima do Facho-Castrelo na que o municipio investiu 20.000 euros.

Deste xeito, Cores Tourís asegurou que o municipio executou obras de mellora neste camiño, para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou unha axuda global de 19.528 euros, dentro das axudas destinadas a concellos da Rede Natura. O concello de O Grove aportou o 21% correspondente ao IVA da obra, co que o investimento global roldou os 20.000 euros.

O delegado territorial destacou que estas subvencións veñen a ratificar “o compromiso do Goberno galego coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra, unha das que conta con maior número de concellos acollidos a estas axudas, en concreto 30, investiranse case 676.000 euros en diversos proxectos se temos en conta non só a axuda destinada pola Xunta de Galicia para estes municipios senón tamén a IVA que eles asumen”.
Segundo explicou, estas subvencións destináronse a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.
“O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é dar resposta a estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que “estas actuacións están dirixidas”, asegurou Cores Tourís, “a contribuír a biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que compre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia”.
Cores Tourís destacou que dende a administración autonómica continuarase a perseverar no coidado da natureza. “Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da conservación da natureza. Esta é a nosa meta, ordenar e mellorar o noso entorno”.
En relación ao proxecto que realizou o concello de Cambados, o alcalde matizou que o obxectivo dos traballos foron labores de acondicionamento e limpeza da senda marítima do Facho-Castrelo, ao longo de 460 metros e nos que se levaron a cabo tarefas de roza e limpeza do camiño que conta con 4 metros de ancho. Tamén se executou a escavación para a instalación de zahorra natural compactada con base de macadam. O concello de cambados tamén contou cunha axuda anterior dentro desta mesma orde que permitiu o acondicionamento da senda fluvial do río Umia cun investimento de 24.200 euros e unha axuda da administración autonómica de 20.000 euros.

Deja un comentario