+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

AFORAMENTO COMPLETO NA COMIDA DO NADAL ORGANIZADA POLO PP DE PONTEAREAS –


Máis de 500 comensais e algúns cargos populares arrouparon á candidata á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar

O PP colgou o cartel de aforamento completo na súa comida do Nadal celebrada o o restaurante “O outro mundo do Tea”. O presidente provincial e máis de 500 comensais arrouparon á candidata á alcaldía de Ponteareas, Belén Villar. Belén Villar agradeceu o esforzo ao seu equipo por conseguir esta gran mobilización que triplicaba a asistencia da última comida celebrada en 2017. A candidata pediu a confianza dos asistentes para axudar ao PP para conseguir a maioría absoluta necesaria en 2019. “Imos empezar un ano, e con el novos propósitos, eu para este 2019 propóñovos un cambio. Deixar a parálise na que se atopou Ponteareas os últimos anos para facer a partir de 2019 unha vila de oportunidades para todos”. En canto ao goberno actual, Villar dixo que “estiveron catro anos sen facer nada e que agora a cinco meses das eleccións anuncian unha chea de proxectos para tentar volver confundir aos veciños”.
Novas Xeracións de Ponteareas adiantouse á intervención de Belén Villar cunha sorpresa, a proxección na sala dun emotivo vídeo, a modo de homenaxe, que conseguiu conmover á candidata á alcaldía. Na súa intervención Alfonso Rueda afirmou “ Fixemos unha moi boa elección fai uns meses. Belén, tes que seguir a traballar como estás traballando”. Da candidata á alcaldía, Rueda destacou que “Belén ven a Santiago con problemas de Ponteareas para tentar resolvelos, fai ou que non está a facer o alcalde actual”.

Deja un comentario