+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CLOSING TOUR REÚNE MAÑÁ A PARÍS DE NOIA, OLYMPUS E NEW YORK NUNHA CITA CON NOVIDADES NAS ORQUESTRAS E A ESTREA DE GALARDÓNS


AS FORMACIÓNS AVANZARÁN XA ALGÚNS ASPECTOS DOS SEUS ESPECTÁCULOS PARA A VINDEIRA TEMPADA E PRESENTARÁN CARAS NOVAS NAS SÚAS DIANTEIRAS

O festival de orquestras Closing Tour 2018 reúne mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ás populares orquestras París de Noia, Olympus e New York, converténdose un ano máis en cita destacada no calendario musical galego.

Esta sétima edición do evento abrirá as súas portas ás 21.30h e dará comezo en torno ás 22.00h, para rematar sobre ás 07.00h. Serán nove horas de música nas que as orquestras presentarán xa algunhas novidades para a vindeira tempada. Así, algunhas avanzarán aspectos dos seus espectáculos para o ano que ven e todas presentarán ou caras novas, como París de Noia e New York, ou a súa dianteira completamente renovada, como Olympus.

Cada unha das orquestras realizará un primeiro pase de 1 hora e 45 minutos de duración para logo facer un segundo de 1 hora e 15 minutos. Actuará en primeiro lugar New York, seguida de Olympus e logo París de Noia, unha orde que se repetirá no segundo pase.

As entradas para asistir ao evento pódense adquirir mañá na taquilla do festival cun prezo de 7€. En prevenda o custe da entrada anticipada é de 5€ nos puntos de venda físicos e da mesma cantidade máis gastos de xestión na web Ataquilla.com, incluíndo a entrada anticipada consumición mínima, é dicir, auga, refresco ou cervexa. Novamente os nenos menores de 12 anos poderán entrar de forma gratuíta (acompañados dun adulto) e o aparcadoiro tamén será de acceso libre.

O prazo para mercar os tickets en prevenda remata hoxe, 4 de decembro, ás 20.00 horas tanto na web Ataquilla.com como nos establecementos físicos, a excepción daqueles cuxo horario de peche sexa anterior a las 20.00h.

Entrega de premios

Nesta ocasión, e como novidade, o Closing Tour acollerá uns galardóns con gran interese para os fans das orquestras. Será a 1ª Entrega de Premios de Orquestas de Galicia, na cal se recoñecerá, segundo os rankings do portal web Orquestas de Galicia, ás cinco agrupacións e aos cinco compoñentes máis populares, ademais da orquestra revelación 2018.

Para determinar os premios, Orquestas de Galicia baseouse nos rankings xerais de todo o ano 2018, nos cales se ten en conta tanto as visitas que reciben na app ou web como os usuarios que marcaron a formación como favorita ou o compoñente como fan, así como o número de actuacións no caso das formacións musicais. Así, sen votacións, o ranking baséase en como interactúan os usuarios coa app ou web.

Os premios serán entregados nun descanso que se realizará no primeiro cambio de orquestras, é dicir, entre o primeiro pase de New York e o de Olympus.

Deja un comentario