+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O PP DE PONTEAREAS DENUNCIA O USO DE SERVICIOS MUNICIPAIS PARA UN ACTO PRIVADO DO PSOE EN PONTEAREAS


A carpa utilizada na presentación da candidata Chus Garrote é unha carpa municipal instalada na Praza Maior para cubrir as actividades da Feira de Outono e Nadal do Concello

O PP denuncia a utilización de recursos municipais para actos privados do partido socialista en Ponteareas, en concreto do acto celebrado o pasado domingo, 2 de decembro, na presentación da candidata socialista Chus Garrote.

Durante este mandato o PP recibiu diferentes queixas dos colectivos culturais que en máis de unha vez solicitaron tan só poder utilizar a praza maior e pola contra non lles foi permitido. “Varios colectivos solicitaron ese espacio para diferentes actividades pero o Concello non lles permitiu o seu uso. Envíanos a outras prazas menos céntricas do casco urban. Non entendemos porqué colectivos de Ponteareas non poden facer uso de ese espacio. Por outra banda, o PP lémbralle a tenente de alcalde , Chus Garrote, cun partido político non pode facer uso así dos recursos municipais que son pagados por todos os veciños”.

Ante a gravidade dos feitos o PP rexistrará unha pregunta para que Represas e o grupo socialista expliquen porqué a carpa municipal sita na praza maior utilizouse para un acto privado do PSOE en Ponteareas.

Deja un comentario