+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

A REDE CEMIT CONECTARÁ A PRETO DE 1.500 NENOS E NENAS DE TODA GALICIA CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA


Alumnado de entre 3 e 7 anos de 32 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e 20 de decembro

Entre os días 10 e 20 de decembro 1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.

Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un1.478 total de 48 sesións

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado maior de idade do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e o alumnado con necesidades educativas especiais de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu undécimo aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar un por un e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:
http://cemit.xunta.es/centros.

*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula

 

LUNS
10 DECEMBRO
10:00 MUROS EEI DE MUROS
10:30 CELANOVA SAGRADO CORAZÓN
11:00 MARÍN EEI O GRUPO
12:30 BARREIROS C.E.I.P. San Cosme

MARTES
11 DECEMBRO
10:00 VALGA CRA VALGA
10:30 CASTRELO DE MIÑO CEIP CASTRELO MIÑO
11:00 BOIRO CEIP SANTA BAIA
11:30 BOIRO CEIP SANTA BAIA
12:00 VALGA CRA VALGA

MÉRCORES
12 DECEMBRO
10:30 BARREIROS C.E.I.P. San Miguel
11:00 ARZÚA CEIP ARZÚA
11:30 BANDE CAS BANDE

XOVES
13 DECEMBRO
10:00 PONTEDEUME CPI ATOCHA
10:30 PONTEDEUME CPI ATOCHA
11:00 SARREAUS CPI de Sarreaus
11:30 BETANZOS PAI MENI – Ed. Especial
12:00 XUNQUEIRA DE AMBIA Colegio Padre Crespo

VENRES
14 DECEMBRO
10:30 NEGREIRA FUNDACION DISCAPACITADOS PSIQUICOS VAL DE BARCALA
11:00 CELANOVA CURROS ENRÍQUEZ
11:30 BETANZOS Escola Infantil Municipal
12:00 FERROL CEIP Recimil
12:30 ARZÚA NOSA SRA. ROSARIO
13:00 NEGREIRA CEIP O COTO

 

LUNS
17 DECEMBRO
10:00 ORTIGUEIRA CEIP José Mª Lage
10:30 SANTA COMBA CPR Plurilingüe Nuestra Señora Inmaculada
11:00 FISTERRA MAR DE FORA / AREOUTA
11:30 ORTIGUEIRA CEIP José Mª Lage
12:00 FISTERRA NOSA SEÑORA DO CARME
12:30 LEIRO C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán

MARTES
18 DECEMBRO
10:00 OURENSE CEIP As Mercedes
10:30 CAÑIZA, A CPI DA CAÑIZA
11:00 ABEGONDO CEIP SAN MARCOS
11:30 CAÑIZA, A CEIP DE VALEIXE
12:00 CERCEDA CPI O CRUCE
12:30 VILAGARCÍA CPR SAN FRANCISCO
13:00 VILAGARCÍA CEE VILAGARCIA – disc. Funcional

MÉRCORES
19 DECEMBRO
10:30 CERCEDA CPI O CRUCE
11:00 VIMIANZO CEIP SAN VICENZO
11:30 VICEDO, O CEIP O VICEDO
12:00 VIMIANZO CEIP SAN VICENZO
12:30 CATOIRA CPI PROGRESO DE CATOIRA
13:00 VICEDO, O CEIP O VICEDO

XOVES
20 DECEMBRO
10:00 NARÓN A SOLAINA
10:30 NARÓN A SOLAINA
11:00 BEARÍZ CEIP de BEARÍZ
11:30 CARBALLEDO CEIP XOSE LUIS TABOADA
12:00 CASTRO CALDELAS CEIP VIRXE DOS REMEDIOS
12:30 QUIROGA CEIP DE QUIROGA

Deja un comentario