+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE SÁBADO O CLÁSICO CONCERTO DE NADAL COAS TRES CORAIS DO MUNICIPIO


O Auditorio Municipal acolle ás 19:00 horas as actuacións de Os Vagalumes, Novos Aires e Ecos do Castelo

O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o tradicional ‘Concerto de Navidad’ coa presenza das tres corais do municipio: Os Vagalumes da AVCD O Castro de Chandebrito, a Coral Novos Aires de Nigrán e o Coro Ecos do Castelo de Bolos da Carrasca. Como cada ano, o Concello realizará unha recollida solidaria de alimentos non perecedeiros entre os asistentes.
As agrupacións interpretarán entre 6 e 7 pezas con temas de tódolos xéneros e con especial atención ás panxoliñas. Así, o público poderá gozar de cancións tan coñecidas como Blanca Navidad, Halelluja, Va Pensiero, Qué Bonito, Como llora una estrella, Noche de Paz, Adeste Fideles, Jesús Redentor…

Deja un comentario