+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019

REPRESAS CASTIGA AO COMERCIO E AOS VECIÑOS DE PONTEAREAS CANCELANDO POR SEGUNDA VEZ CONSECUTIVA O ACESO DO NADAL


O tripartito fai “un circo” do tradicional aceso do Nadal.

O PP lamenta a nova improvisación do goberno de Represas.
“Anunciou primeiramente que o día 1 de decembro acenderíase a iluminación #do Nadal, finalmente o concurso quedou deserto e non puido realizarse. Estableceu unha nova data, 8 de decembro, e fixou o aceso para a ponte da Constitución. Hoxe os pontareanos quedaban sorprendidos e desilusionados ao ver que as rúas seguen igual. Por agora non acendería ata novo aviso do alcalde”.

O PP recibiu chamadas de comerciantes dando a voz de alarma. “A xente do comercio chamounos moi enfadada. Están molestos e con toda a razón. Executáronse as obras nas rúas en plena época do Nadal e aínda por encima non se aposta por decorar as zonas para convidar a que a xente consuma. A iluminación cancelouse por segunda vez, así nolo informaron varios establecementos do centro”.
O PP lamenta que Represas deixe aos ponteareáns neste estado de abandono e denuncian que todo iso é motivado pola falta de interese e improvisación coa que goberna este tripartito. Ademais consideran que tentou desviar a atención contratando un circo que estivo esta tarde visitando as rúas.

“Non estamos en entroido, está ben que se fagan actividades pero a exhibición de zancudos e malabaristas de hoxe está claro que é para tapar a cancelación do aceso. BNG, PSOE e ART, tres partidos, e non son sequera capaces de xestionar un concurso para dotar ao noso pobo de iluminación #do Nadal. Van ter que chamar aos seus compañeiros en Vigo para que lle presten unas cantas luces, porque mentres a uns sóbranlles a este goberno parece ser que lle faltan porque aínda empezaron hoxe pola tarde a instralarlas, cando na programación do Concello anunciaron que era o aceso”.

Deja un comentario