+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

A CASA DO MAR DE CAMBADOS SUFRIRÁ UN REFORMA INTEGRAL EN 2019


 

Os responsables do Instituto Social da Mariña informaron á alcaldesa dos detalles da obra

O director provincial do Instituto Social da Mariña ( ISM), Carmelo Castro, acudiu onte ao Concello para trasladar á alcaldesa, Fátima Abal, os datos relativos á Casa do Mar de Cambados. Este encontro forma parte da rolda de contactos que ano a ano realizan os responsables de Instituto Social da Mariña con Alcaldes da ría, patróns maiores e representantes de asociacións relacionadas co sector marítimo.
A alcaldesa explica que “Agradezo este encontro no que, anualmente, infórmase por parte do ISM do traballo realizado na Casa do Mar de Cambados.”
Neste sentido, a Casa do Mar de Cambados, que abarca as áreas de Cambados, Meis, Vilanova e Ribadumia, destaca como a máis activa en número de xestións,. Posicionándose como a primeira de toda España en volume de xestión.
As cifras son positivas dado que o número de afiliacións creceu durante este último ano, e o número de embarcacións dadas de alta mantense. Un dos puntos desta reunión foi informar das obras pendentes de acometer en 2018 no edificio da Casa do Mar.
Actualmente xa se atopa adxudicada e licitada a dirección das obras, na cal se renovará a totalidade da cuberta, a fontanería, a carpintería e a pintura. Esta reforma integral contará cun orzamento de ao redor dos 300.000€ e estase prevista a súa finalización para agosto do 2019.
Durante as obras os catro funcionarios que actualmente traballan na Casa do Mar seguirán prestando servizo e asesoramento no horario habitual.

Deja un comentario