+034 986 09 02 04 Mércores 27 de Maio de 2020

ÉXITO DO CONCERTO SOLIDARIO DE OS CATRO VENTOS


 

A discoteca de Ponte Caldelas acolleu o concerto solidario ofrecido polo grupo Os Catro Ventos, que agrupa máis de 40 músicos procedentes de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos e Cerdedo-Cotobade, no marco do Decembro Solidario programado polo Concello.
A actuación, que concitou a presenza de numeroso público que enchía o local, serviu para a presentación dos primeiro disco desta agrupación de música tradicional, Noutrora. O evento fixo posible a recadación dunha gran cantidade de alimentos non perecedoiros que serán entregados a entidade sociais e aos Servizos Sociais municipais para o seu reparto entre persoas vulnerables.
A representación, cun formato de teatro musicalizado, baseouse nun guión a partir dunha carta que unha muller remite ao seu namorado. A partir de aí foron debullándose escenas típicas galegas de mediados do século pasado.
Baixo a dirección de Andrés Lorenzo Os Catro Ventos contaron coa colaboración doutros músicos como Xulio de Os Alegres, Iván Gulín,Juan Viñas, José Alonso e Samuel Soto. Tamén houbo figurantes e músicos procedentes de agrupacións «irmáns» como Os Coribantes de Buchabade, Son da Pedra e Aires de Cobres.

Deja un comentario