+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

O Concello de Gondomar reduciu a factura en telefonía case un 50% dende 2011


Este aforro no gasto foi posible grazas ás medidas postas en marcha polo goberno municipal que dirixe Fernando Guitián demostrando unha vez máis austeridade e control nos gastos

O Concello de Gondomar reduciu a facturación en telefonía, dende o 2011, en case un 50%, o que supón un aforro para as arcas municipais. No 2011 e 2012 o gasto en telefonía roldaba os 60.000 €, o devandito gasto foise reducindo paulatinamente en 2013 cuxo importe foi de 44.000 € e en 2014 conseguindo rebaixalo a 34.800 €.

O importe de gasto do 2014 é o que se facturará en anos sucesivos, ao contar o Concello cunha tarifa plana na maioría dos centros ao igual que os teléfonos móbiles.

Este aforro conseguiuse grazas ás medidas postas en marcha polo goberno municipal que dirixe Fernando Guitián de austeridade, eficacia e control do gasto. Entre as medidas adoptadas polo alcalde, cabe mencionar: a negociación de novos prezos coa empresa subministradora e a posta en marcha do servizo fusión empresas. Ademais, procedeuse á reorganización dos elementos de telefonía, baixas de servizos contratados que non tiñan utilidade pero se custo,
ademais púxose en marcha a radiofrecuencia nos servizos operativos de obras, electricidade e educación e poñendo tamén en marcha un novo servizo de comunicacións da Policía Local.

Deja un comentario