+034 986 09 02 04 Mércores 19 de Xuño de 2019

O CONCELLO DE BAIONA SERÁ ESTE ANO O PRIMEIRO EN DAR AS BADALADAS


ACEBA e o Concello de Baiona, organizan as badaladas de Pinzón.
As campás que datan do ano 1510 da casa do reloxo, soarán como o fixeron as campás da Ex Colexiata cando chegou Pinzón a Baiona en 1493, pero neste caso para dar a benvida ao 2019 en compañía de amigos, a diferenza do propio día, en que un despide o ano en compañía da familia.
“Desde as 23:30, deste sábado gustaríanos que nos acompañases para recibir o Novo Ano teremos animación na rúa a cargo de Dj Charlie de Via Radio e os locais adheridos ao evento proporcionarán as uvas gratis aos seus clientes como de costume, que irán acompañadas de *Ñoclos de Pinzón @gratuitamente a todos os asistentes por cortesía
de Rosquillas Cristaleiro” comenta María Igrexas .
A uva, foi un dos produtos que levaron a América a partir da segunda viaxe de Colón, por ese motivo para conmemorar o 525 aniversario convidamos a todos, a que veñan celebrar as primeiras badaladas deste novo ano que se aveciña, este sábado 29 diante da Torre do Reloxo, neste ilustre pobo mariñeiro, a Real Vila de Baiona,
que dá a benvida a este 2019.
Ángel Rodal ve neste evento un broche de peche espectacular ao 525 Aniversario de Arribábaa da Carabela Pinta a Baiona, “esperamos que gocedes desta noite con todos nós”

Deja un comentario