+034 986 09 02 04 Venres 18 de Xaneiro de 2019

O CONCELLO DAS NEVES, COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, VOLVE, DE NOVO, OS SENTIDOS AO SÉTIMO ARTE E INICIA UNHA NOVA TEMPADA DO CICLO ‘CINEMA DE INVERNO’, QUE TERÁ COMO ‘SA DE PROXECCIÓN’, O AUDITORIO MUNICIPAL


 

A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 6 e media da tarde, da man das curtas infantís de OQO Editora, ‘Os sete cabritos’, ‘A pota que trota e ‘Fiz, o coleccionista de medos’.

 

 

Tamén outro domingo, este será o 17 de febreiro, e á mesma hora no mesmo lugar, proxectarase
‘Dhogs’, a primeira longametraxe dirixida por Andrés Goteira e producida por Suso López.

 

 

O sábado 9 de marzo, ás 8 da tarde, e tamén no Auditorio, as luces vanse apagar para darlle paso a
‘Tódalas mulleres que coñezo’, unha longametraxe de Xina do Teixeiro, da produtora Walkie
Talkie Films.

Deja un comentario