+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Xaneiro de 2019

400 AGASALLOS PARA OS NENOS NA GRAN CABALGATA DE REIS DE ARBO


Arbo viviu a chegada dos Reis Meigos dunha maneira máxica e especial. As rúas da localidade enchéronse de xente e de moitísimos nenos que abarrotaron un percorrido que saíu desde o cuartel da Garda Civil ata a Praza do Concello. A cabalgata de Reis deste ano contou coa participación de aproximadamente 30 nenos e nenas e de 20 Paxes reais que tiñan o labor de axuda aos Magos de Oriente á hora de repartir os agasallos. En total repartíronse preto de 400 presentes para os pequenos que, loxicamente, desbordaban felicidade e alegría nas súas caras.
Tamén se alcanzou este ano un record de caramelos co lanzamento de 200 quilos destes dulces desde as impresionantes carrozas redecoradas completamente para a ocasión.

Unhas carrozas adornadas con espectaculares elementos decorativos e que contou cunha gran implicación de vecinos e veciñas Arbo, que traballou con esmero e ilusión para a súa preparación e posta en escena, tamén da Asociación Noites Gaiteiras de Melgaço, que ofreceu unha gran axuda e colaboración para que todo saíse redondo.
O alcalde de Arbo, durante o acto de entrega das Chaves da Vila aos Reis Meigos, agradeceu a todos os colaboradores, aos figurantes do desfile, ao persoal municipal participante, aos Reis e á Garda Civil polo seu acompañamento e aos veciños e veciñas do país veciño Portugal, “o esforzo realizado para que os nenos e nenas de Arbo gozasen deste día tan especial e cargado de ilusión”, así como a todos os veciños e visitantes en xeral que “elixen a nosa cabalgata para pasar un día tan especial pola súa calidade, o seu ambiente festivo e a súa fermosura”.
As baixas temperaturas non evitaron que desfilasen as súas maxestades, os paxes reais e tamén os personaxes Disney que bailaron e cantaron ao ritmo da música. A participación tanto na comitiva como no acto foi moi alta. Houbo incluso fogos artificiais para finalizar unha gran tarde de diversión, agasallos e, sobre todo, de moita alegría para todos os nenos e nenas.

Deja un comentario