+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Marzo de 2019

O CONCELLO DE BUEU REMATA A PAVIMENTACIÓN DUN CAMIÑO EN OURIL


O Concello de Bueu continúa co plan de actuacións no rural e a posta a punto dos servizos básicos. Esta semana rematouse a pavimentación dun camiño en Ouril, onde se aproveitou tamén para instalar a tubaxe de abastecemento de auga, que era unha das demandas da veciñanza da zona. As obras foron realizadas con fondos propios.
Ademais, segundo salienta Félix Juncal, alcalde da vila, “estamos ultimando o proxecto para o arranxo dun segundo camiño neste lugar, así como tamén na Rúa Nova de Abaixo, en Meiro ou no Norte, entre outros”.

Deja un comentario