+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Xaneiro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE ALTO CAMPOO DO 8 AO 10 DE FEBREIRO


O prazo de inscrición abre mañá 11 de xaneiro e pecha o 5 de febreiro. O prezo é de 125 € para nenos e 160 € para adultos e inclúe transporte, dúas noites de hotel, comidas e forfait con seguro
O Concello de Nigrán organiza unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) do 8 ao 10 de febreiro e cuxo prazo de inscrición abre mañá venres e finaliza o 5 de febreiro.
O prezo é de 125 € para nenos de ata 12 anos e 160€ para adultos; este inclúe transporte en autobús, dúas noites en hotel de tres estrelas, almorzo e ceas no hotel, comidas a pé de pista e dous días de forfait con seguro. De xeito opcional ofrécense clases de esquí (32 €) e aluguer do equipo (nenos 26€ e adultos 38 €). O programa consta de chegada a Alto Campoo, reparto de habitacións e cea o día 8; almorzo, esquí, comida a pé de pista, regreso ao hotel e cea o día 9; almorzo, mañá de esquí, comida a pé de pista e regreso a Nigrán o día 10.
Os interesados poden inscribirse dende mañá 11 de xaneiro ao 5 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas.
Situada no vértice xeográfico do Val de Campoo, a estación ofrece unhas magníficas instalacións para a práctica do esquí e unha paisaxe inigualable para os amantes da montaña. A estación de esquí e montaña de Alto Campoo, con cumes que superan os 2.200 metros e con rutas como a de Pico Tres Mares, está considerada unha das mellores do cantábrico.

Deja un comentario