+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Marzo de 2019

O COMITÉ DE ENTROIDO REUNIRASE O 15 DE XANEIRO PARA O PECHE DA PROGRAMACIÓN


A xuntanza será ás 20.00 h na Casa do Concello e nela estará presente a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo
A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reunirase o próximo martes, 15 de xaneiro, ás 20 h, cos colectivos e comparsas que forman parte do Comité de Entroido para ultimar a programación deste ano.
Segundo Silvia Carballo, a idea é continuar co impulso dunha das festas tradicionais máis importantes da vila. O pasado ano xa se organizou unha programación moi diversa que combinou tradición e aposta por novas iniciativas, que se afianzarán nesta edición. Por outra banda, en próximos días sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases do concurso de carteis de Entroido, dotado con 300 €, e as dos premios dos desfiles do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro e do Enterriño da Sardiña, nos que se repartirán 6000 €. Hai que ter en conta que o inicio do prazo para presentar as solicitudes de participación contará a partir da publicación do extracto das bases no boletín.

Deja un comentario