+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

A ODISEA DO CAMIÑO DE OIA AO PARLAMENTO DE GALICIA


 

Movemento Oia, alerta do lamentable estado en que se atopa o saneamento en Oia, a pesar de realizarse hai apenas 8 anos, a finais do ano 2010 cando entrou en funcionamento, cunha serie de supostas depuradoras que nunca estiveron en normal funcionamento, e que lle xera uns gastos moi importantes ao Concello, que lle privan de dedicar ese diñeiro a outros asuntos.

Provocando unha imaxe e contaminación lamentable. O Concello recepcionou e asumiu unha obra que non está ben feita.

Dado que a rede de saneamento discorre neste caso polo camiño de Santiago portugués dá costa á altura dun Monumento BIC, cremos que é necesario que se tomen medidas.

Movemento Oia reclaman unha solución urxente.

Estase imcumplindo a Lei de Patrimonio de Galicia aínda que, concello e administración tenten argumentar o contrario nos medios de comunicación. Tampouco se cumpre a lei de accesibilidade ao BIC.
A imaxe que dá o Concello neste punto non é boa para os turistas e peregrinos que viaxan por este tramo do camiño. De nada serve gastarse unha chea de cartos en paneis e monólitos informativos se non solucionamos os problemas para a veciñanza.

Aproveitamos a ocasión para lembrar que o pleno solicitou por unanimidade a Instancia declaración de conxunto histórico artístico vila mariñeira, de Movemento Oia, presentada a través do grupo mixto. Para que o Concello solicite a declaración de conxunto histórico artístico que nos mesmos imos defender directamente no Parlamento de Galiza.

Recomendamos ao goberno municipal que cumpra coa decisión tomada polo pleno e apoiada por todos os partidos políticos e que curse canto antes a correspondente solicitude ou encargue os estudos ou informes necesarios para que a instancia sexa aprobada pola Xunta. Isto permitirá acceder a subvencións que permitan poñer en valor toda a contorna entre outras cousas solucionar este problema en concreto que precisa un plan de proteción especial.

Deja un comentario