+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

SALVATERRA DE MIÑO ABRE AS PORTAS DO NOVO MUSEO DO VIÑO PRIMEIRAMENTE AOS SEUS VECIÑOS


O Museo está instalado no Castelo de Dona Urraca, comprado e rehabilitado polo Concello

Faltan os últimos detalles do Museo do Viño, instalado no Castelo de Dona Urraca, comprado e rehabilitado polo Concello, e antes de facer a inauguración oficial, o Concello quere dar prioridade aos veciños salvaterrenses porque “queremos que vós sexades os primeiros en coñecelo e en desfrutar das súas instalacións”, explican nunha carta remitida aos enderezos familiares.
O Concello organiza para os seus veciños unhas xornadas de portas abertas, a través das cales quere dar a coñecer “a grande importancia que supón o viño e a viticultura para o noso Concello e Comarca, non só a nivel económico senón tamén a nivel cultural e histórico”.
Todos aqueles vecinos e veciñas que queiran visitar as instalacións do Museo e o seu contido, só terán que se inscribir no Concello. Para que sexan máis operativas as visitas, faranse grupos de 15 persoas, maiores de 18 anos, con visita guiada a cargo do Gran Mestre da Cofradía do Viño do Condado do Tea, Antonio Alén, e rematarase cunha pequena cata comentada dos nosos viños e unha degustación con produtos locais.
As visitas realizaranse no mes de febreiro os xoves, venres, sábados e domingos, cunha duración de preto de 2 horas. Un grupo de 11.00 a 13.00 horas e un segundo grupo de 16.00 a 18.00h, cada día. Os grupos iranse completando por orde de inscrición.
Para inscribirse os veciños só teñen que chamar ao 986 658 126/ 986 658 082/ 986 658 684, no correo electrónico info@concellodesalvaterra.org ou no propio Concello.

Deja un comentario