+034 986 09 02 04 Luns 24 de Febreiro de 2020

UN TOTAL DE 17 EMPRESAS PRESENTAN AS SÚAS OFERTAS PARA EXECUTAR UN ITINERARIO PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-308, ENTRE MAJOR E PORTONOVO, EN SANXENXO, CUN INVESTIMENTO DE CASE 3,4 M€


 Esta senda se estenderá ao longo de 5 km e vén a dar continuidade ás xa en servizo neste estrada ao seu paso polo municipio, desde a praia da Lanzada ata Major

Un total de 17 empresas presentan as súas ofertas para executar o proxecto de itinerario peonil e ciclista na estrada PO-308, entre Major e Portonovo, en Sanxenxo, cun investimento de case 3,4 millóns de euros.

Tratase da construción dunha nova senda, que se estende ao longo de 5 km desta estrada autonómica, que ven vén a dar continuidade ás xa en servizo no municipio de Sanxenxo, nos tramos existentes desde a praia da Lanzada ata Major.

Esta nova actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade se aproveitará ademais para realizar intervencións complementarias que redunden en maior seguridade viaria, incluíndo a mellora nas principais interseccións de acceso ás praias neste treito Major-Portonovo, coa execución de novas glorietas e habilitando cambios de sentido.

Na intervención tamén se ampliarán as paradas de autobús, para que os vehículos non teñan que parar na estrada interferindo a circulación, e se instalarán sistemas de recollida de augas e canalizacións que permitan, nun futuro, a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Este novo itinerario, xunto cos 2 xa rematados, permitirá por á disposición dos veciños máis de 11 km de itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe nesta estrada que une Pontevedra e A Lanzada, ao seu paso polo Concello de Sanxenxo.

Co remate deste último tramo, o municipio de Sanxenxo contará cunha senda continua polo lado do mar, de preto de 8 km de lonxitude, desde A Lanzada ata Portonovo. E tamén das sendas pola marxe dereita da estrada á saída de Portonovo e no treito entre Major e A Lanzada, que suman máis de 3 km.

Deja un comentario