+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Xullo de 2020

VILLAR PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN NO PLENO DA DEPUTACIÓN PARA APOIAR AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA DA N-120


Ademáis, mañá xoves, rexistra no Parlamento Galego, xunto cos deputados autonómicos, unha iniciativa e unha pregunta para que o Estado contemple nos seus orzamentos a Circunvalación de Ponteareas

O PP esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

Belén Villar, xunto cos deputados autonómicos Moisés Rodríguez, Martín Fernández, Jaime Castiñeira, Jacobo Moreira, Diego Calvo, Marta Novoa, Julia Rodríguez, Gonzalo Trenor e Daniela Varela, presentará unha iniciativa parlamentaria para que a Cámara galega mostre o seu apoio rotundo á recuperación destes fondos. Asimesmo, presentarán unha pregunta para saber a valoración da Xunta ante a resposta do Ministerio e cales serán as xestións a facer ante Fomento.
Ademáis, na súa calidade de deputada provincial, rexistrará unha moción para debater este asunto na Deputación de Pontevedra para que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación. “Decidimos esgotar todas as vías que están ao noso alcance para reclamar o que lle pertence a Ponteareas. Espero que tanto no Parlamento galego como na Deputación de Pontevedra o apoio sexa unánime”, explicou Villar.
O PP asistirá o vindeiro venres, 8 de febrero, á reunión convocada pola Plataforma. “Queremos coñecer as xestións que se realizaron e que, polo momento, se descoñecen. Garrote e Represas quedaron de informar antes de que finalizase o mes de xaneiro pero non tivemos noticias. Doutra banda, tampouco están a facer nada para mover a gran manifestación que propuxo o alcalde na prensa”.

Deja un comentario