+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO CREA UN GRUPO DE VOLUNTARIADO


O Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña para crear un grupo de voluntarios e voluntarias que se involucren na vida social, cultural e humana do propio municipio, co fin de colaborar nas diferentes actividades culturais, deportivas, sociais que organiza así como na axuda que presta a través do Banco de Alimentos Municipal e diferentes actividades medioambientais que se queren realizar, ademais de escoitar tamén as súas propostas.

Os interesados en participar neste novo proxecto só teñen que inscribirse no Concello, no 986 658 082 ou a través do seguinte correo electrónico info@concellodesalvaterra.org

Para conquerir isto o Concello rexistrouse no Rexistro de Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que dota dun marco xurídico e de seguridade a todos os voluntarios e voluntarias que se integren dentro do grupo de voluntariado do Concello de Salvaterra de Miño.

Deja un comentario