+034 986 09 02 04 Martes 20 de Agosto de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN PECHA A LIÑA 3 DO PLAN CONCELLOS CUNHA PARTIDA DE 271.000 EUROS PARA PONTEAREAS COA QUE PODERÁN CONTRATAR 43 PERSOAS DESEMPREGADAS


O goberno de Carmela Silva aproba a última achega que quedaba para a Liña 3, pola que os concellos da provincia contratan este ano preto de 1.000 traballadoras e traballadores

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24 euros polos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Así, a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns de € e pola que os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadoras e traballadores municipais.

Con esta achega Ponteareas vai contratar 4 auxiliares administrativos, 2 persoas técnicas de medio ambiente, 1 delineante, 4 oficiais, 1 monitora ou monitor, 1 persoa licenciada en Dereito, 1 persoa diplomada en Xestión e Administración Pública ou Grao en Administración Pública, 1 técnica ou técnico en educación infantil, 2 auxiliares de clínica, 1 axudante de cociña, 2 persoas de limpeza, 1 técnica ou técnico en turismo, 18 peóns, 3 albaneis e 1 persoa para fontanaría.

Coa aprobación desta partida para Ponteareas, a Deputación pecha as achegas para a Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019, despois dunha primeira relación de concellos aprobada na Xunta de Goberno do 18 de xaneiro e unha segunda na Xunta de Goberno do 28 de xaneiro. En concreto, estas partidas permiten este ano a creación de 954 empregos nun total de 57 concellos da provincia. No Plan Concellos 2019, a través da Liña 3, póñense a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes algo máis de 9 millóns de euros. Nos catro anos de goberno de Carmela Silva, co Plan Concellos téñense creado en toda a provincia 5.792 postos de traballo para desempeñar diferentes tarefas municipais.

Deja un comentario