+034 986 09 02 04 Xoves 25 de Abril de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO PROVINCIAL APROBA MÁIS DE 800.000 EUROS PARA A LIÑA 2 DO PLAN CONCELLOS, QUE BENEFICIA A OUTROS 14 CONCELLOS DA PROVINCIA


 

Con estas achegas xa son 34 concellos beneficiados que, en total, reciben case 1,8 millóns de euros para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a segunda relación de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de máis de 800.000 euros. Con estas novas achegas da segunda relación xa son 34 concellos beneficiados que, en total, reciben case 1,8 millóns de euros da Liña 2 do Plan Concellos 2019.

Máis polo miúdo, hai 14 concellos da provincia beneficiados: Baiona, Barro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Mos, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa. En concreto, trátase de axudas un valor total de 814.073,16 euros. Permitiranlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Na comarca de Pontevedra, Barro contará con 7.986 euros para a limpeza de pistas no concello, con 10.001,32 euros para o reforzo e reparación de vieiros municipais na vila e con 21.054 euros para a limpeza de cunetas e de vieiros municipais. Por un total de 13.466,45 euros, Cuntis beneficiarase dunha achega para financiar “Habilitas Fogar IV”. No caso de Poio serán 1.615 euros para o programa educativo Educándonos, 22.132,38 euros para o Entroido, 27.194,05 euros para a Festa do Mar, 5.114,73 para o tríatlon, 6.521,9 euros para o Duatlon e 4.615,99 euros para a Maratón de Fátima.
Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, Lalín contará con 45.479 euros para o proxecto de promoción turística do Concello de Lalín 2019. Por outra banda, Forcarei recibirá 50.940,73 euros para o pagamento do subministro de enerxía eléctrica. No caso de Cerdedo-Cotobade, as achegas serán de 9.033,58 euros para “Música en Cerdedo-Cotobade”, 12.500 euros para “Cerdedo-Cotobade ao aire libre”, 10.000 euros para “Teatro en Cerdedo-Cotobade”, 18.500 euros para “Fraguas 2019”, 3.000 euros para a X Festa do Petote, 6.000 euros para a XIII Festa de Cuspedriños e 8.000 euros para “Campalledo”.
Nas comarcas do Condado-Paradanta, o concello de Ponteareas recibirá 21.000 euros en gasto corrente novo en festival e Proxecto Groba, 5.000 euros en gasto corrente na Feira do Outono, 9.000 euros en gasto corrente novo en actuacións de desenvolvemento turístico do Corpus Christi, 6.000 euros en gasto corrente novo en asistencia en materia de contratación, 6.000 euros en gasto corrente novo en publicacións de creadores e creadoras de Ponteareáns, 6.000 euros en gasto corrente novo en mantemento e asesoramento técnico das estacións de bombeo de auga residual, 49.852,4 euros para o gasto corrente novo en actividades culturais e festivais de verán 2019 e de mocidade como son a Feira do Libro, Rock in Río e o Festival Internacional de Teatro Rúa e 8.000 euros en gasto corrente novo en asistencia en comunicación. No caso de Covelo, recibirá financiamento por valor de 4.600 euros para o Trofeo Cruceiro de Covelo de patinaxe artística, 726 euros para material de promoción turística Rede de Ruteiros, 2.846,77 euros para calendarios de Covelo 2020, 3.811,5 euros para a reparación e conservación dun edificio municipal, 12.100 euros para a conservación e mantemento da Rede Municipal de Ruteiros, 1.548,8 euros por un programa de rutas guiadas e 1.573 euros para os galardóns “Séntete Covelo 2019”.
Na comarca de Vigo, Mos percibe unha achega de 87.819,13 euros para o servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos e limpeza viaria. En Soutomaior, serán 50.192,62 euros para o pago de facturas de recollida do lixo 2º trimestre do 2019.
Na comarca do Salnés, Vilagarcía de Arousa contará con 30.654,58 euros para gastos derivados da celebración do II Festival Internacional de Música Clasclas e 9.000 euros para a formación vial para a inserción sociolaboral. Pontecesures contará con 32.842,93 euros para o pago de tres mensualidades do canon de recollida e saneamento do lixo, recollida do RAEE e escombro.
Na comarca do Val Miñor, Baiona recibirá tres partidas: 40.000 euros para a Festa da Arribada, 10.174,83 euros para o 3º Mercado Antigo de Sabaryz e 28.000 euros para a Cabalgata dos Reis Magos.

Na comarca do Morrazo, Cangas recibirá 104.171,47 euros para o tratamento de residuos sólidos urbanos.

Deja un comentario