+034 986 09 02 04 Xoves 25 de Abril de 2019

ARBO INICIA VARIOS SORTEOS EN INSTAGRAM PARA PROMOCIONANARSE COMO DESTINO REFERENTE EN GASTRONOMÍA


O Concello de Arbo, a través do departamento de comunicación, lanzou unha serie de sorteos en Instagram para promocionarse como destino referente en gastronomía, enoloxía e turismo rural.
Para participar no sorteo, a través desta rede social, os interesados deberán en primeiro lugar ser seguidores da conta de Instagram do consistorio (@ concellodearbo). Os participantes deberán comentar a publicación do sorteo etiquetando a 3 amigos durante o período de participación. Ademais deben darlle a “me gusta” e cada vez que comenten dita publición deben utilizar o Hastag (#) indicado ao comezo de cada sorteo.
A campaña poñerase en marcha este domingo día 10 de febreiro e estará vixente ata a celebración do último sorteo o día 22 de abril ás 19.00 horas. Con este último, realizaranse 4 sorteos máis o 18 de febreiro, o 4 de marzo, o 25 de marzo e o 8 de abril. Os diferentes gañadores serán elixidos mediante unha aplicación de selección aleatoria e poderán gozar de lotes de viño de Arbo da denominación de orixe Rias Baixas e Condado, así como tamén libros ou complementos identificativos desta vila.
Os participantes deberán ser maiores de idade e residir en España. Ademais, o perfil da súa conta na aplicación deberá ser público.
Segundo manifesta o Rexedor, Horacio Gil, o Concello de Arbo está a realizar unha forte estratexia de promoción da gastronomía, os viños da Adegas de Arbo, a hostalería e casas de turismo rural, o patrimonio e a cultura a través de todos os medios de comunicación e redes sociais para dar a coñecer á capital mundial da lamprea e atraer cada vez máis visitantes e en data próximas o que será a LIX Festa da lamprea que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril, e que mellor que internet, usado cada vez máis pola poboación mundial para mostrar as marabillas únicas e naturais desta Vila da provincia de Pontevedra. O alcalde segue informando que as accións realizadas nos últimos esta dando un impulso no coñecemento de Arbo a nivel nacional e mesmo internacional.

Deja un comentario