+034 986 09 02 04 Martes 20 de Agosto de 2019

A X FESTA DO PETOTE HABILITA 800 PRAZAS PARA A DEGUSTACIÓN DO COCIDO DE ENTROIDO NOS DEZ RESTAURANTES


Poderase comer o cocido completo con petote, postre e bebida a un prezo de 20 euros por persoa e a reserva de prazas permanece aberta

A X Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade para este domingo 17 de febreiro, disporá de 800 prazas de comensais para a degustación deste Cocido de Entroido nos dez restaurantes participantes, segundo se dou a coñecer esta mañá no acto de presentación da cita celebrado en Carballedo da man do presidente municipal, Jorge Cubela.

O certame gastronómico, o primeiro dos oito cos que conta o municipio ao longo do ano, estrea un novidoso formato con festa popular en Carballedo, como localidade central da festa, e coa degustación do cocido espallada polos dez restaurantes que se quixeron adherir á cita.

“A verdade é que estamos moi contentos e sorprendidos pola boa acollida á revolución que lle demos ao Petote. Os restaurantes sumáronse masivamente, e incluso tivemos que ampliar o prazo de inscrición, e ademais están tendo un bo nivel de reservas e, por outra banda, cremos que a festa na rúa, con degustación gratuíta para todo o mundo, provocará que o Petote vaia a estar moito máis achegado e cercano aos veciños”, debullou Cubela.

A festa centralizarase en Carballedo, que é a localidade protagonista desta cita, cunha completa sesión vermú dende as 11.00 horas. Así, na vila haberá animación musical coas charangas Cor Café e Moreira a Tope, concerto co grupo A Tajea, inchables para os cativos e degustación gratuíta de petote, lacón con grelos e lacón a feira da man da foodtruck Laconlover.

Por outra banda, a degustación do cocido completo con petote, postre e bebida ten fixado un prezo de 20 euros por persoa en calquera dos dez establecementos participantes e a reserva permanece aberta, podendo facerse o mesmo domingo en caso de que haxa prazas libres nalgún restaurante. En todo caso, as persoas interesadas xa poden concertar a súa mesa en calquera dos locais: A de Tucho (Augasantas-670 971 785), A Raxadal (Carballedo-986 760 018), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), Casa Inés (Carballedo-986 760 003), Veiga Mariña (Almofrei-986
763 127), O Espigueiro (Cerdedo-678 719 030), O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141), Moncha
(Cerdedo-633 943 295), Restaurante Davi (Quireza-606 774 141) e A Vosa Taberna (Borela-986
763 126).

“Cremos que o novidoso formato supón unha auténtica revolución e nos permite ter, por unha banda, unha festa máis moderna, popular e cercana a todos os veciños, non só a aqueles que estaban dispostos a pagar polo xantar no pavillón e, por outro lado, vai favorecer moito aos nosos restaurantes, xenerándolles un importante volume económico ese día e tamén unha importante difusión entre toda a xente da bisbarra de Pontevedra”, concluiu Cubela, que reiterou o seu agradecemento pola gran acollida inicial entre a hostalaría e a veciñanza.

Deja un comentario