+034 986 09 02 04 Xoves 25 de Abril de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA ESTE FIN DE SEMANA EN PRIEGUE O SEU PRIMER ‘FESTIVAL FOLK DE ENTROIDO’


Haberá actuacións durante o sábado e a mañá do domingo, rematando cun xantar para o que é preciso reservar praza previamente
“Ten como obxectivo quentar os motores para a celebración do entroido en Nigrán e ao mesmo tempo pretende por en valor este espazo recén remodelado para que sexa un verdadeiro punto de encontro de nenos e maiores da parroquia”, sinala o alcalde
Nigrán, 13/02/19.- O Concello de Nigrán celebra durante todo este fin de semana no Centro Cultural ‘O Torreiro de Priegue’ o seu ‘I Festival Folk de Entroido’ co apoio de Pontegal. Este congregará a grupos folclóricos de toda a comarca e rematará cun xantar de lacón con grelos o domingo para o que é preciso inscribirse previamente e abonar 15 € (652849933). Ademais, como estrea do novo espazo de xogo realizado polo goberno local (vencellado á restauración da antiga escola infantil para o usa da A.V. A Irmandade) celebrarase dende as 11:00 horas do sábado un torneo de petanca.
As actuacións folclóricas comenzarán o sábado ás 19:00 horas coas Pandereteiras da AV Monteferro de Panxón, Pandereteiras C.C.A Camoesa (19:30) e Os Escaravellos de Beade (20:00). O domingo continúa con Brisas de Bouzas ás 12:00. Roibén Folk (12:30), Lirolai Folk (13:00) e xantar dende as 14:00 horas.
“É un festival que ten como obxectivo quentar os motores para a celebración do entroido en Nigrán e ao mesmo tempo pretende por en valor este espazo recén remodelado para que sexa un verdadeiro punto de encontro de nenos e maiores da parroquia”, sinala o alcalde, Juan González.
O Concello de Nigrán investiu 51.064,42 euros euros do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra para rehabilitar e crear novas zonas de xogo neste espazo (unha pista multideportes) e mellorar as existentes, así como realizar unha nova división interior da antiga escola pechada durante décadas co fin de cedela ás entidades da parroquia para o seu uso.

Deja un comentario