+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

O Concello de Ponteareas fai efectivo, cun total de 40.000 euros, o pagamento das subvencións aos centros e casas culturais do municipio


O Concello de Ponteareas vén de facer efectivo o pagamento das subvencións de apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais do municipio coa finalidade de colaborar cos gastos de funcionamento e mantemento dos mencionados centros ou casas, así como fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais e musicais que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación. Nestas subvencións concedidas de apoio á cultura, 23 centros serán obxecto dun investimento total de 40.000 euros, recibindo cada centro unha cantidade total cuxa concesión foi valorada en función dunha partida económica inicial fixa, e igual para todos, por importe de 400 euros para gastos xerais como limpeza, enerxía eléctrica, ou calquera outro gasto, e cunha partida económica variable en función do número de socios, orzamento do centro, ou o gasto en actividades culturais que desenvolven, entre outros. Así pois, a través deste tipo de axudas, cúmprese o compromiso adquirido polo goberno local de axudar a financiar os gastos dos centros e casas culturais. Igualmente, na última reunión mantida cos representantes dos distintos centros culturais, o rexedor ponteareán, Salvador González Solla, reiterou o seu compromiso de seguir no ano 2015 con este tipo de axudas coa mesma contía global de 40.000 euros, tan necesarias para o mantemento e funcionamento dos centros e casas culturais.

Por outra banda, ao longo do 2015, seguirase apoiando aos centros culturais, axudando a financiar as actividades culturais que desenvolvan a través do Plan Cultural Municipal, con actuacións das distintas agrupacións locais nas propias casas culturais onde os veciños se reunen, así como establecendo o plan formativo para a Rede de Centros e Casas Culturais de Ponteareas, a través do cal o Concello de Ponteareas seguirá potenciando e dinamizando os centros con distintas accións formativas .

Deja un comentario