+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

NAVA CASTRO FELICITA AO CEIP DE RUBIÁNS, EN VILAGARCÍA DE AROUSA, POLO SEU PROXECTO EDUCATIVO PARA DIVULGAR O TURISMO AOS NENOS


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou en Vilagarcía de Arousa o CEIP de Rubiáns, onde puido coñecer o traballo levado a cabo neste centro educativo para divulgar e promover entre os máis pequenos a importancia da actividade turística. No encontro, Nava Castro compartiu co alumnado o traballo desenvolvido desde a Consellería de Cultura e Turismo para facer de Galicia un destino de calidade e competitivo e escoitou as súas propostas e opinións.

A súa participación nesta xornada inclúese no compromiso do Goberno galego por reforzar a concienciación e sensibilización entre as novas xeracións da importancia presente e futura da actividade turística, un dos compromisos da Estratexia de Turismo de Galicia 2020. No encontro, con alumnos de 3º e de 6º, Nava Castro puxo en valor o traballo do CEIP, que leva varios anos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado (PDI) que involucra a todas as aulas e departamentos do colexio. Neste curso centra a súa temática na importancia do turismo a través da iniciativa Sabela coñece Galicia, coa que a mascota da biblioteca convida aos alumnos a coñecer a Comunidade galega a través de diferentes actividades.

Deja un comentario