+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

O CEIP Serra Vincios celebrou o Día da Paz cunha Xincana que tivo por finalidade a recollida de alimentos


A comunidade educativa do CEIP Serra Vincios organizou para os seus alumnos unhaXincana no Día da Paz, que tivo por finalidade a recollida de alimentos non perecedoiros. Así mostraron a súasolidariedade coas persoasmáis necesitadas residentes no Concello Estas actividades de dinamización e participación social destinadas ao público infantil teñen o propósito de concienciar a alumnos e alumnas o esforzo e traballo en grupo, seguidas dunha serie de actividades que ademaisserviron para exercitar as habilidades motoras tanto dos alumnos coma dos profesores que foron os últimos en realizar o percorrido, todo isoco fin de alcanzar o obxectivo marcado, que consistía en conseguir patrocinadores, cun máximo de 6 por alumno, o que levaría a 6 Kg de produto por neno.

Esta iniciativa tivomoi boa acollida entre as familias e os alumnos, todos participaron nela con moito entusiasmo, cun total de 161 alumnos/ás de Infantil e Primaria e 16 profesores do claustro.
Á terminación do acto todo unidos entoaron a canción de Magin Blanco «Meu amor estoupa».

O próximo xoves día 5 de febreiro o concello de Gondomar ten previsto pasar a recoller todos os alimentos conseguidos, que serán destinados ás persoas máis necesitadas de Gondomar.

Deja un comentario